VENRES 19/06/2020


Bos días! Despois de tres meses traballando na casa, chegou o día de rematar e de despedirse. Antes quérovos recordar varias cousas:
·       Os que trouxeron as libretas para o colexio poden pasar a recollelas.
·       As notas podedes velas descargando a app abalar móbil, e os que as queiran impresas poden vir buscalas ao colexio.
·       Tamén debedes traer os libros do segundo e terceiro trimestre e “El Memoriápodo”. Podedes vir hoxe ou calquera día da semana que vén en horario de mañá de 10:30 horas a 13:30 horas.

Actividades que podes facer no verán:
·       Repasa as táboas para non esquecelas.
·       Le algo que che guste: contos, revistas, comics…
·       Sumas, restas, multiplicacións e divisións por unha e dúas cifras.
·       Resumos de lecturas e preguntas de comprensión lectora.
·       Problemas.
Non é necesario traballar todos os días, pero é recomendable facer algo de vez en cando para non esquecerse.


Se houbera clase presencial, hoxe teriamos a festa de fin de curso, por iso  non hai deberes.

 Antes de acabar, quero agradecervos ós papás e mamás o traballo que cada día fixestes cos vosos fillos e que sen vós isto non sería posible. Grazas!
Disfruta do verán  en compañía da túa familia e amigos.
Felices vacacións.
Unha aperta.


CORRECCIÓN DE SOCIAIS 18/06/2020

CORRECCIÓN DE SOCIAIS 18/06/2020

CORRECCIÓN DE LENGUA 18/06/2020


CORRECCIÓN DE LENGUA 18/06/2020

VENRES 19/06/2020