Bos días! Despois de tres meses traballando na casa,
chegou o día de rematar e de despedirse. Antes quérovos recordar varias cousas:
·
Os que trouxeron as libretas para o
colexio poden pasar a recollelas.
·
As notas podedes velas descargando a app
abalar móbil, e os que as queiran impresas poden vir buscalas ao colexio.
·
Tamén debedes traer os libros do segundo
e terceiro trimestre e “El Memoriápodo”. Podedes vir hoxe ou calquera día da
semana que vén en horario de mañá de 10:30 horas a 13:30 horas.
Actividades
que podes facer no verán:
·
Repasa as táboas para non esquecelas.
·
Le algo que che guste: contos, revistas,
comics…
·
Sumas, restas, multiplicacións e
divisións por unha e dúas cifras.
·
Resumos de lecturas e preguntas de comprensión
lectora.
·
Problemas.
Non é necesario traballar todos os días, pero é
recomendable facer algo de vez en cando para non esquecerse.
Se houbera clase presencial, hoxe teriamos a festa de fin de curso, por iso non hai deberes.
Antes de acabar, quero agradecervos ós papás e mamás o traballo que cada día fixestes cos vosos fillos e que sen vós isto non sería posible. Grazas!
Disfruta do verán
en compañía da túa familia e amigos.
Felices
vacacións.
Unha
aperta.